O Revenidas 2026 xa ten horarios oficiais para facer tremer Vilaxoán

O festival Revenidas 2026 acaba de publicar a distribución e horarios oficiais de todas as súas xornadas. A cita en Vilaxoán de Arousa perfila así a súa edición máis potente, prometendo catro días ininterrompidos de festa, música e reivindicación.

Un arranque explosivo no primeiro día

O festival abrirá as súas portas o xoves apostando forte desde o primeiro minuto. O primeiro día contará cos concertos destacados de De Ninghures, Sara Hebe e Narco, tres propostas de pura enerxía que garanten poñer o recinto patas arriba desde a xornada inaugural.  

Os peches diarios: traca final garantida

Un dos puntos máis agardados da programación son os concertos encargados de poñer a broche de ouro a cada unha das xornadas. Os peches diarios contarán cos directos de:  

  • Xoves. Sons of Aguirre & Scila  
  • Venres. Arrhythmia  
  • Sábado. Rebeliom do Inframundo
  • Domingo. Lisdexia
Estes catro nomes serán os encargados de liderar as finais de festa de cada un dos días do evento, asegurando tracas finais á altura do espírito Revenidas.

Podes consultar a grella completa de horarios e todos os detalles da programación na publicación oficial do festival na súa conta de Instagram. 



Reserva forzas para Vilaxoán que xa chega!


Publicacións populares